Última xornada do curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín Imprimir
Xoves, 01 Decembro 2011 14:03

Mañá, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a última xornada do curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.

Na mesma, de 16 a 21 horas, o profesor Tiberio Feliz da Facultade de Educación Social UNED realizará o obradoiro 'Traballar coas familias desde a escola', destinado a mellorar a interacción entre os pais, nais e mestres/as na educación dos nenos/as.

O curso  'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', que se iniciou o pasado 30 de setembro, estivo dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, e contou con máis de 160 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e norte de Portugal. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, foron identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito. Así como, desenvolver as destrezas básicas necesarias para a aplicación de estratexias que faciliten o aprendizaxe de condutas positivas no entorno familiar, escolar e social.