Últimos días para inscribirse na 'Xornada de Coaching Empresarial' de Verín Imprimir
Xoves, 13 Febreiro 2014 12:16

Na mañá do luns 17 de febreiro finaliza o prazo de inscrición para participar na 'Xornada de Coaching Empresarial', que terá lugar ese mesmo día, de 18 a 21 horas, na Casa Cultura de Verín.

Devandita xornada, que será impartida por Marta Salazar Portero, terá por obxecto acadar unha comprensión do sentido do auténtico liderado e do imprescindible que resulta no mundo empresarial de hoxe (diferencia entre xerente e líder, calidades do líder coach, as cinco mentalidades do líder do século XXI ou motivación e liderado, entre outros). Para lograr isto, Salazar Portero, amosará a través dunha metodoloxía participativa e dinámica, as posibilidades do coaching empresarial como ferramenta o servizo do desenvolvemento dos profesionais e organizacións.

Marta Salazar Portero é a directora da Escola Europea de Líderes, coach profesional certificado e certificación internacional en coaching. Con máis de 10 anos de experiencia no eido da dirección de equipos, congresista e relatora internacional ten adestrado a máis de 6.500 persoas en España, Portugal y América.

Para participar na 'Xornada de Coaching Empresarial' é necesario formalizar a inscrición en http://www.uned.es/ca-ourense/ ou na Escola de Familia do Concello de Verín (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal-11 bis, no teléfono 988-414776).