Nova actividade lúdico-cultural para os/as nenos/as de Verín Imprimir
Mércores, 15 Abril 2009 12:32
Os departamentos de Educación Familiar, Biblioteca Pública Municipal e o servizo de Deportes do Concello de Verín, en colaboración con Expourense, Clube Ourense Baloncesto e a Dirección Xeral de Saúde Pública, organizan, para o próximo 24 de abril, a seguinte actividade de carácter lúdico-cultural: unha visita a Expourense e a asistencia ao partido de baloncesto entre o COB e o Club Palencia Baloncesto.

Os/as nenos/as interesados en participar, con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, deben inscribirse na Biblioteca Municipal ata o próximo 23 de abril -as prazas son limitadas-.

Ademais, os asistentes poderán optar ao sorteo dun agasallo, previa entrega dunha redacción sobre a actividade, que será publicada con posterioridade na páxina web da Biblioteca Pública.