Subvencións para novos emprendedores Igape Imprimir
Luns, 04 Xaneiro 2016 00:00
Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende)
Toda a información no seguinte enlace

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada na planta baixa do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.