Subvencións para a adquisición de vehículos eléctricos Imprimir
Xoves, 12 Maio 2011 12:49

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria da concesión directa de subvencións para a adquisición de vehículos eléctricos.


O obxecto é a convocatoria de axudas para a adquisición de vehículos eléctricos novos, entendendo como tales aqueles cuxa enerxía de propulsión procede, total ou parcialmente, da electricidade das súas baterías, cargadas a través da rede eléctrica.

Os beneficiarios poden ser:
- As persoas físicas. No caso dos profesionais autónomos, haberán de estar dados de alta no Imposto de Actividades Económicas.
- As entidades privadas con personalidade xurídica propia e co seu correspondente Código de Identificación Fiscal.
- As Administracións públicas, as sociedades ou entidades que teñan consideración de carácter público estatal, autonómico ou local.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de novembro de 2011 ou ata o esgotamento dos fondos.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.