Subvencións a titulares de explotacións agrarias Imprimir
Martes, 27 Setembro 2011 09:48

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións a titulares de explotacións agrarias, que faciliten datos estatísticos e contables .

O obxecto é a convocatoria para o ano 2011 das subvencións a titulares de explotacións agrarias, que faciliten datos estatísticos e contables para a elaboración das operacións estatísticas con fins estatais de realización obrigatoria polo Ministerio de Medio e Medio Rural e Mariño, por estar incluídas no Plan Estatístico Nacional.

Poderán ser beneficiarios os agricultores cuxas explotacións agrarias posúan un volume de vendas medio anual superior a 18.000 euros e se encontren incluídas na mostra de calquera das Oficinas Contables constituídas ao abeiro da resolución da Xunta de Contratación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de data 12 de marzo de 2008.

O prazo para a presentación é o que sinale a Xunta de Contratación do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño nas correspondentes resolucións de convocatoria para a constitución das Oficinas Contables.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.