Subvencións para actuacións de promoción e internacionalización no sector téxtil Imprimir
Martes, 15 Novembro 2011 14:00

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización.

O obxecto é incentivar o desenvolvemento de actuacións e estratexias de difusión, promoción e acceso a mercados, xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector téxtil-moda-confección nos mercados externos a Galicia, de carácter internacional.

Poderán ser beneficiarios, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas privadas pertencentes ao sector téxtil-moda-confección con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, xa sexan persoas físicas ou xurídicas.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 16 de decembro de 2011.

Para máis información e tramitación deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.