Proxecto formativo 'NoRProS” Imprimir
Luns, 11 Agosto 2014 13:15

A Asociación Monteval GDR-13, coa colaboración do departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, promove a realización do proxecto formativo 'NoRProS' (Novos retos produtos de sempre), que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas.

O mesmo está conformado polos obradoiros de elaboración de conservas, encurtidos, cervexa artesá, licores e herbas medicinais. Un total de cinco obradoiros independentes destinados á valorización de produtos locais, e que tamén inclúe un módulo transversal para a comercialización web de produtos locais.

O obradoiro de herbas medicinais iniciarase o vindeiro luns 18 de agosto, e os catro restantes o 25 de agosto. Devanditos obradoiros son de carácter gratuíto e están destinados a un máximo de 10 persoas (exceptuando o de herbas medicinais). Para participar nos mesmos é obrigatoria a inscrición previa. Por este motivo as persoas interesadas deberán dirixirse á asociación Monteval para reservar a súa praza, ben vía telefónica (988-592022) ou no local da asociación (R/Montemaior, 10 - Local 8).