Axudas para contratar internet vía satélite. Plan de banda larga da Xunta de Galicia Imprimir
Luns, 01 Setembro 2014 14:30

Axudas para contratar internet vía satélite (Plan de banda larga da Xunta de Galicia). Amplíase o prazo ata o 30 de setembro.


Destinatarios: Cidadáns e Pemes que non poidan contratar acceso a Internet de cando menos 2 Mbps
Gastos subvencionables:gastos de instalación, custo do router wifi
Contía máxima: 150 euros e condicionadas á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.

As persoas interesadas na contratación deste servizo poden facelo a través de calquera das empresas acreditadas (ver ficheiro adxunto 3) como entidades colaboradoras pola Xunta de Galicia.

Información: Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.