Convocatoria de procesos selectivos para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Xestión da Administración da Seguridade Social, especialidade de Auditoría e Contabilidade, e no Corpo Superior de Intervención e Contabilidade da Administra Imprimir
Mércores, 08 Outubro 2014 11:35

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde ESS/1827/2014, do 2 de outubro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Xestión da Administración da Seguridade Social, especialidade de Auditoría e Contabilidade. Por outra banda, tamén se informa da publicación da orde ESS/1826/2014, do 29 de setembro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e polo sistema de promoción interna, no Corpo Superior de Intervención e Contabilidade da Administración da Seguridade Social.

Toda a información nos seguintes BOE:

- Convocatoria de proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Xestión da Administración da Seguridade Social, especialidade de Auditoría e Contabilidade:  https://www.boe.es/boe/dias/2014/10/08/pdfs/BOE-A-2014-10229.pdf

- Convocatoria de proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e polo sistema de promoción interna, no Corpo Superior de Intervención e Contabilidade da Administración da Seguridade Social: https://www.boe.es/boe/dias/2014/10/08/pdfs/BOE-A-2014-10228.pdf