Requerimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas e ampliación do prazo de presentación da documentación xustificativa do programa Emega Imprimir
Mércores, 22 Outubro 2014 10:22

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das resolucións de requerimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao programa Emega, así como a ampliación do prazo de presentación da documentación xustificativa ao mesmo programa.


Toda a información nos seguintes DOG:
- Resolución do 17 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 8 de agosto de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para fomentar o emprendemento feminino, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (SI429A): http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141022/AnuncioG0244-171014-0003_gl.html


- Resolución do 17 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Resolución do 8 de agosto de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para fomentar o emprendemento feminino, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (SI429A).: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141022/AnuncioG0244-171014-0001_gl.html