Modificación da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia, modificación axudas para fomentar a utilización de maquinaria en réxime Imprimir
Mércores, 22 Outubro 2014 10:36

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da modificación da orde da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia, así como a modificación da orde das axudas para fomentar a utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia e convocatoria de axudas do "Plan ICEX Target Usa".


Toda a información nos seguintes DOG e BOE:
- Orde do 13 do outubro de 2014, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se modifica a Orde do 8 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de decembro de 2013 ata o 30 de xuño de 2015, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141022/AnuncioCA05-151014-0001_gl.html

- Orde do 17 de outubro de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, que modifica a Orde do 4 de agosto de 2014 pola que se convocan novamente para o 2014 as axudas para fomentar a utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141022/AnuncioG0165-171014-0001_gl.html

- Resolución do 16 de outubro de 2014, de ICEX España Exportación e Investimentos, pola que se convoca para 2014 a concesión de axudas a través do "Plan ICEX Target Usa": https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-10734