Actualización da bolsa de traballo Bolsa de xestores de exportación e adxudicación das subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego Imprimir
Martes, 18 Novembro 2014 09:04

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da das resolucións de actualización da bolsa de traballo Bolsa de xestores de exportación e da adxudicación das subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

Toda a información nos seguintes DOG:

- Resolución do 4 de novembro de 2014, do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se actualiza a bolsa de traballo Bolsa de xestores de exportación, que pasa a denominarse Bolsa Igape de xestores de internacionalización: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141117/AnuncioO92-111114-0001_gl.html

- Resolución do 29 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se adxudican as subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego (código de procedemento IN201H) convocadas na Orde do 24 de xullo de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 145, do 1 de agosto): http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141112/AnuncioCA04-051114-0001_gl.html