Programa das 'Xornadas de información académica e orientación para o emprego' en Verín Imprimir
Xoves, 27 Novembro 2014 16:27

Na xornada de mañá 28 de novembro e o luns 01 de decembro, terán lugar en Verín as 'Xornadas de información académica e orientación para o emprego', organizadas polo IES García Barbón, coa colaboración do Concello de Verín e a AECT Eurocidade Chaves-Verín.

Estas xornadas, que se desenvolverán no propio centro educativo, teñen por obxecto identificar os pasos para crear unha empresa (casos de éxito ou fracaso), fomentar o espírito emprendedor, coñecer a oferta formativa das tres universidades galegas, comprender o papel dos organismo públicos relacionados co emprendemento, coñecer experiencias profesionais de empresarios/as e de antigos/as alumnos/as do centro e identificar os sectores máis importantes do tecido empresarial da comarca.

Máis información das mesmas no seguinte enlace.