Abertas as listas previas de contratación do SEAGA e a convocatoria para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral |
|
Venres, 19 Decembro 2014 09:47 |
Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase de que continúan abertas as listas previas de contratación do SEAGA e a convocatoria para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral:
- Listas previas de contratación do Seaga para os seguintes postos: enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola, enxeñeiro de camiños, canles e portos; enxeñeiro técnico de obras públicas, arquitecto, arquitecto técnico, capataz, xefe de brigada, maquinista - conductor, peón especialista, peón, oficial administrativo e auxiliar administrativo. O prazo inscrición nas listas ou actualización de méritos: do 1 ó 22 de decembro, ambos inclusive. Más información nos seguintes links: http://www.epseaga.com/pdf/ofertas_emprego_2010/actualizacion/Abre_listas_2014.pdf e http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php
- Convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para as seguintes prazas: Un total de 2.110 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de: * Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 598 prazas * Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 562 prazas. * Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas. * Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas. * Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas. * Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas. * Información xuvenil (SSC567_3): 50 prazas. * Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 100 prazas. * Transporte sanitario (SAN025_2): 200 prazas O prazo de inscrición será de 30 días naturais (ata o día 03 de xaneiro) para todas as competencias, a excepción de extinción de incendios e salvamento (SEA129_2) e transporte sanitario (SAN025_) que sería dende o 15 de febreiro ao 15 de marzo de 2015, ambos os dous inclusive. Máis información en http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/reconecemento_experiencia_profesional/2014_resolucion_nova_convocatoria_rexp_gl.pdf
|