Axudas á apicultura, programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética Imprimir
Luns, 12 Xaneiro 2015 11:00

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das ordes de axudas á apicultura e para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias, ademais da convocatoria anticipada de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos.


- Orde do 22 de decembro de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2015: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150112/AnuncioG0165-261214-0008_gl.html

- Orde do 22 de decembro de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2015: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150112/AnuncioG0165-261214-0011_gl.html

- Resolución do 18 de decembro de 2014, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos para o ano 2015: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150112/AnuncioO3G1-291214-0001_gl.html