Axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais, á conciliación da vida familiar e laboral e para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais Imprimir
Xoves, 15 Xaneiro 2015 09:35

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das seguintes axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais, á conciliación da vida familiar e laboral e para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais.

- Orde do 30 de decembro de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais no marco do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS) e se convocan para o exercicio orzamentario 2015: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150114/AnuncioG0165-020115-0007_gl.html

- Resolución do 22 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2015: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150115/AnuncioG0244-301214-0004_gl.html

- Orde do 30 de decembro de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio orzamentario de 2015: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150115/AnuncioG0165-020115-0005_gl.html