Subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común, subvencións a establecementos turísticos co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade turística e regulación da declaración de festas Imprimir
Martes, 20 Xaneiro 2015 12:55

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común, subvencións a establecementos turísticos co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade turística e regulación da declaración de festas de interes turístico de Galicia.

- Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150120/AnuncioG0244-140115-0001_gl.html

- Orde do 30 de decembro de 2014 pola, Consellería do Medio Rural e do Mar, que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2015: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150120/AnuncioG0165-020115-0008_gl.html

- Resolución do 18 de decembro de 2014, da Axencia Turismo de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2015: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150120/AnuncioG0256-120115-0002_gl.html