Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio Imprimir
Venres, 23 Xaneiro 2015 12:18

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación de orde do 14 de xaneiro de 2015, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN225A). Link a orde. Información e tramitación no departamento de Desenvolvemento Local (planta baixa da casa consistorial de Verín)