Subvencións para fomentar a remuda comercial Imprimir
Mércores, 28 Xaneiro 2015 14:40

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 20 de xaneiro de 2015, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para fomentar a remuda comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN216A). Toda a información no seguinte enlace.