Subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego Imprimir
Martes, 24 Febreiro 2015 11:50

Dende o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín lémbrase que sigue aberta a convocatoria de subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN201H).


Ata o 11 de marzo 2015 podrán presentar as solicitudes para as diversas liñas de actuacións e os distintos beneficiarios:

1) Para os comerciantes retallistas:

a) Acondicionamento do local comercial,
b) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento

2) Para os comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:

a) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos.

b) Desenvolvemento e implantación de sistemas de empaquetado e etiquetaxe

c) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline

d) Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.

3) Para as federacións de comerciantes:

a) Para o desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas (Apps) e webs para teléfonos móbiles.
4) Para as asociacións profesionais de artesáns:

a) Sistemas que, engadidos ao produto ou ao seu empaquetado ou envase completen a súa información, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou outros valores engadidos.
b) Proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

Non serán subvencionables nesta orde de axudas, os seguintes conceptos:

– Ordenadores.

– Bolsas, etiquetas e caixas convencionais.

– Impresoras.

– Televisores.

– Sistemas de alarma ou similares.

– Os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

Lémbrase que os que os beneficiarios deben figuren inscritos no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. As seccións do Rexistro nas cales deberán inscribirse ou estar inscritos son:

Para comerciantes retallistas: procedemento IN227A-Sección primeira.

Para venda online: procedemento IN227C-Sección terceira.

Para venda ambulante: procedemento IN227D-Sección cuarta.

Os Titulares de obradoiros artesanais:

– Que o obradoiro artesán figure inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

As federacións de comerciantes sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Que figuren inscritas no Rexistro Galego de Comercio, no procedemento IN227F-Sección sexta.

d) As asociacións profesionais de artesáns de Galicia legalmente constituídas.

– Que polo menos 10 dos seus membros figuren inscritos no Rexistro Galego de Artesanía.