Bolsas de formación práctica en áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia Imprimir
Luns, 02 Marzo 2015 10:19

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 16 de febreiro de 2015, da Axencia Turismo de Galicia, pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas e se procede á súa convocatoria.


Trátase de bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística:
- 2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela.
- 1 bolsa na oficina de turismo da Coruña.
- 1 bolsa na oficina de turismo de Pontevedra.
- 1 bolsa na oficina de turismo de Vigo.
- 1 bolsa na oficina de turismo de Lugo.
- 1 bolsa na oficina de turismo de Ourense.

Toda a información no seguinte enlace.