Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas Imprimir
Venres, 06 Marzo 2015 08:07

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución  do 27 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. Toda a información no seguinte enlace.