Requirimentos de emenda das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil Imprimir
Venres, 13 Marzo 2015 09:31

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 9 de marzo de 2015, do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Máis información no seguinte enlace.