Requirimentos de emenda das axudas de apoio ás iniciativas abertas de difusión Imprimir
Venres, 17 Abril 2015 10:03

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 10 de abril de 2015, do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas de apoio ás iniciativas abertas de difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013. Máis información no seguinte enlace.