Subvencións para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e a igualdade nas pequenas e medianas empresas Imprimir
Xoves, 30 Abril 2015 09:49

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 21 de abril de 2015, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e a igualdade nas pequenas e medianas empresas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2015. Ver no seguinte enlace.