Convocatoria de 1.299 prazas de alumnos da Escola Nacional de Policía, da División de Formación e Perfeccionamento, aspirantes a ingreso na Escala Básica, categoría de Policía, do Corpo Nacional de Policía Imprimir
Martes, 12 Maio 2015 12:35

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verí infórmase da convocatoria de 1.169 prazas de Oposición Libre e 130 prazas reservadas a militares profesionais de tropa e mariñeiría non cubertas.
Inscricións ata o 1/6/2015
Requisitos.
a) Ser español.
b) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 as mulleres.
c) Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou outros equivalentes ou superiores.
d) Compromiso de portar armas e, no seu caso, chegar a utilizalas, que se prestará a través de declaración do solicitante.
e) Non ter sido condenado por delito doloso, nin separado do servizo do Estado, da Administración autonómica, local ou institucional, nin se achar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
f) Estar en posesión do permiso de condución da clase B.
Así mesmo os aspirantes deberán estar en posesión da autorización (BTP).
Os interesados en optar ás 130 prazas reservadas a militares profesionais de tropa e mariñeiría, ademais dos requisitos anteriormente mencionados, deberán reunir e acreditar, o de levar cinco anos de servizo como tales á data de finalización
do prazo de presentación de instancias.

Toda a información no seguinte BOE: http://www.boe.es/boe/dias/2015/05/12/pdfs/BOE-A-2015-5247.pdf