Aberto o prazo de preinscrición para as Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala do Concello de Verín Imprimir
Martes, 29 Setembro 2020 11:01

  Escuelas Deportivas A área de Deportes do Concello de Verín  informa que hoxe ábrese o prazo de  preinscrición para as disciplinas de  Fútbol e  Fútbol Sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das disciplinas deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible na web oficial do Concello de Verín (www.verin.gal) ao mail das escolas deportivas: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 29 de setembro e o 15 de outubro. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.

Coa finalidade de garantir a seguridade dos e as deportistas, a concellería de Deportes de Verín elaborou un protocolo de seguridade, baseado no documento oficial da Federación Galega de  Fútbol.  Deste xeito, todas as actividades contarán coas medidas preventivas fronte á COVID-19 ditadas en cada momento polas autoridades sanitarias.

Estes criterios xerais de uso son susceptibles de modificacións en función das normas que se vaian ditando en cada momento polas autoridades sanitarias.

Para máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden chamar ao teléfono 660 776 564.


Documentos necesarios para a preinscrición (Enviar ao mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ):

- Declaración de responsabilidade   (reenviar firmada)

- Folla inscrición temporada 2020-2021   (reenviar firmada)

- Protección de datos (reenviar firmada)

- Xustificante de pago cuota 150€ na conta abanca es32 2080 5168 1830 4002 3726 (importante que aparezca o nome do menor)