O EDC Verín Atletismo domina na I Carreira Popular de Monterrei |
|
|
|
Martes, 04 Novembro 2014 12:00 |
O Club de Atletismo do EDC Verín iniciou a tempada 2014-2015 do mesmo xeito que finalizou a anterior. Se fai unha semana foi o club que máis medallas acadaba na carreira de A Carballeira, en Ourense, este domingo os/as atletas conseguiron un total de 22 medallas na primeira edición da Carreira Popular de Monterrei.
|
Ler máis...
|
'Contos para os días de choiva' na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Luns, 03 Novembro 2014 13:50 |
O vindeiro venres 07 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos para os días de choiva', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
Ler máis...
|
Verín súmase a campaña da Xunta 'Máis que comercio!' |
|
|
|
Luns, 03 Novembro 2014 13:46 |
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o presidente de Aever-CCU Verín, José Ángel Rodicio, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, presentaron hoxe en Verín a campaña de dinamización comercial Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolverá en novembro no centro comercial urbano da localidade, e que busca impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes.
|
Ler máis...
|
Seminario sobre a enfermidade inflamatoria intestinal en Verín |
|
|
|
Luns, 03 Novembro 2014 13:45 |
O IES Castro de Baronceli acollerá na xornada de mañá, ás 11.35 horas, un seminario para concienciar aos/ás mozos/as da realizade de dúas enfermidades inflamatorias intestinais, con pouca visibilidade e grande incidencia, como son a de Cronh e colite ulcerosa, que está organizada por ACCU Ourense e conta coa colaboración do Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
Mostra 'Mobles de cartón' na Sala de Exposicións de Verín |
|
|
|
Luns, 03 Novembro 2014 13:43 |
Desde hoxe e ata o venres, a Sala de Exposicións de Verín será testemuña da exposición 'Mobles de Cartón', que recolle as obras realizadas polos/as alumnos de un curso de mobiliario organizado polo Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, coa colaboración do Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 571 572 573 574 575 576 577 578 579 580 Seguinte > Final >>
|
Páxina 576 de 999 |