Licitación de Cafetería en zona deportiva A Granxa |
|
|
|
Martes, 28 Outubro 2014 08:16 |
Aprobados por acordo do Pleno en sesión de 23.10.2014 o prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto básico e de execución, redactado por Ana Asunción Requejo Miguel, para a construción, instalación e explotación de CAFETARÍA en ÁREA DEPORTIVA DE A GRANXA (VERÍN), situada na rúa Taboada Chivite esquina rúa Antonio Fernández, anúnciase licitación para a presentación de propostas co seguinte detalle: |
Ler máis...
|
A realización de melloras na rede de saneamento de Verín e polígono de Pazos solucionarán os problemas de desbordamentos dos sumidoiros e na EDAR do municipio |
|
|
|
Luns, 27 Outubro 2014 14:42 |
Co obxecto de mellorar a rede de saneamento e solucionar os actuais problemas de desbordamentos dos sumidoiros e sobrecargas hidráulicas na EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais), nas vindeiras semanas realizaranse obras de mellora desta rede, en Verín e polígono de Pazos, que contemplan a construción dun aliviadoiro cun depósito de retención para o control de pluviais e alivios incontrolados ao río Támega, ademais da mellora dos bombeos existentes, entre outras actuacións.
|
Ler máis...
|
A AECT Chaves-Verín organiza as 'Executive Fam Meetings' con profesionais internacionais de turismo |
|
|
|
Venres, 24 Outubro 2014 19:16 |
O presidente e director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín, António Cabeleira e Juan Manuel Jiménez respectivamente, presentaron esta mañá a iniciativa 'Executive Fam Meetings', un programa de visitas e reunións que se desenvolverá os vindeiros días neste destino transfronteirizo co obxecto de revalorizar os recursos da zona e difundilos naqueles mercados potenciais de interese. Estos viaxes de familiarización son a ferramenta por excelência para conseguir un maior acercamento o destino turístico dos potenciais prescriptores, sendo ademais, un dos investimentos en promoción con maior retorno.
|
Ler máis...
|
Obradoiro 'Diabetes e Alimentación' en Verín |
|
|
|
Xoves, 23 Outubro 2014 11:11 |
A aula de docencia número 3 do Hospital de Verín acollerá na xornada do 29 de outubro, de 16.30 a 20.30 horas, o obradoiro 'Diabetes e Alimentación', promovido desde os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín e enmarcado na Escola Galega de Saúde para Cidadáns. |
Ler máis...
|
'Samain' na Biblioteca Pública Municipal de Verín |
|
|
|
Xoves, 23 Outubro 2014 10:44 |
Con motivo da celebración do ‘Samain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, nesta nova edición, as seguintes actividades: |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 571 572 573 574 575 576 577 578 579 580 Seguinte > Final >>
|
Páxina 578 de 999 |