Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

'Un tsunami (de gargalladas)' na Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Outubro 2014 10:50

O Obradoiro de Teatro Cómico para a Mocidade presenta Un tsunami (de gargalladas) mañá sábado, ás 20 horas, na Casa da Cultura de Verín. A obra foi creada e será interpretada por mozos/as  de 16 e 17 anos que participaron nun curso de introdución ao clown que impartiu Pedro Brandariz, director da creación colectiva que agora escenifican.

Ler máis...
 
Presentación do proxecto “Happy-We are from Verín” na Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Outubro 2014 11:08

O sábado 11 de outubro, ás 12 horas, na Casa da Cultura de Verín terá lugar a presentación do proxecto “Happy-We are from Verín”, realizado por Iris Justo Rodríguez, coa colaboración do Concello de Verín.

Ler máis...
 
Axudas para o inicio de estudos universitarios nas universidades do Sistema universitario de Galicia e para a matrícula nun máster universitario oficial no curso 2014/15 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Outubro 2014 11:30

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 29 de setembro de 2014, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2014/15 nas universidades do Sistema universitario de Galicia. Ademais, tamén se informa da publicación da orde do 29 de setembro de 2014, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2014/15.

Ler máis...
 
Convocatoria de procesos selectivos para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Xestión da Administración da Seguridade Social, especialidade de Auditoría e Contabilidade, e no Corpo Superior de Intervención e Contabilidade da Administra PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Outubro 2014 11:35

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde ESS/1827/2014, do 2 de outubro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Xestión da Administración da Seguridade Social, especialidade de Auditoría e Contabilidade. Por outra banda, tamén se informa da publicación da orde ESS/1826/2014, do 29 de setembro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e polo sistema de promoción interna, no Corpo Superior de Intervención e Contabilidade da Administración da Seguridade Social.

Ler máis...
 
'Obradoiro de nutrición e actividade física na idade escolar' na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 07 Outubro 2014 10:21

Na xornada de mañá 08 de outubro, de 16.30 a 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín o 'Obradoiro de nutrición e actividade física na idade escolar', promovido desde os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín e enmarcado na Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 581 582 583 584 585 586 587 588 589 590 Seguinte > Final >>

Páxina 582 de 999
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>