III Paseo de Bicis Clásicas en Verín |
|
|
|
Venres, 01 Agosto 2014 11:19 |
O sábado 09 de agosto terá lugar a terceira edición do Paseo de Bicis Clásicas, organizado por BTT Verín, Concello de Verín, Concello de Monterrei e Cruz Vermella Monterrei.
|
Ler máis...
|
Subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego |
|
|
|
Venres, 01 Agosto 2014 09:11 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 24 de xullo de 2014, Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201H). |
Ler máis...
|
Subvencións para fomentar a remuda comercial |
|
|
|
Venres, 01 Agosto 2014 09:03 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 18 de xullo de 2014, Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para fomentar a remuda comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN216A).
|
Ler máis...
|
'Actividades de Verán' da Biblioteca de Verín |
|
|
|
Xoves, 31 Xullo 2014 12:06 |
Durante os días 02, 09 e 15 de agosto, a Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Xunta de Galicia, dentro do programa 'Ler conta moito', promoven a realización de tres actividades lúdico-culturais para menores a cargo de Raquel Galavís, Xanela Ocio e Raquel Queizás. |
Ler máis...
|
Núñez Feijóo, Gabarró e Jiménez Morán inauguran a nova subestación eléctrica de Verín |
|
|
|
Mércores, 30 Xullo 2014 18:22 |
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o presidente de Gas Natural Fenosa, Salvador Gabarró, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, inauguraron hoxe a nova subestación eléctrica de Verín II, froito da colaboración entre Unión Fenosa Distribución e as administracións autonómica e local e que requiriu un investimento de 7,8 millóns de euros, dos que arredor de 4,3 foron achegados pola Xunta.
|
Ler máis...
|
|
|