Xornada 'A enfermidade oncolóxica' na Casa da Cultura de Verín |
|
|
|
Venres, 09 Maio 2014 13:35 |
O luns 12 de maio, de 16.30 a 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a xornada 'A enfermidade oncolóxica', organizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, coa colaboración do Centro de Saúde de Verín e o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín. (Área de Maiores).
|
Ler máis...
|
A Eurocidade Chaves-Verín AECT presente na xornada 'As TIC e a e-administración no marco das Smart Cities' |
|
|
|
Venres, 09 Maio 2014 13:33 |
Durante esta mañá a Eurocidade Chaves-Verín AECT participa na xornada 'As TIC e a e-administración no marco das Smart Cities', organizada por Conetic e coa colaboración da Fundación Biodiversidade.
|
Ler máis...
|
Modificación do prazo de presentación das solicitudes de axuda para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia |
|
|
|
Venres, 09 Maio 2014 08:35 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 2 de maio de 2014, Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se modifica o prazo de presentación das solicitudes de axuda establecidas na Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2014.
|
Ler máis...
|
Concerto de Música Solidaria para Cáritas Verín |
|
|
|
Xoves, 08 Maio 2014 10:23 |
A casa consistorial de Verín acolleu esta mañá a presentación do Concerto de Música Solidaria para Cáritas Verín, a cargo dos concelleiros Víctor Manuel Baladrón e María Corona Meixeira, D. Jorge Estévez, párroco de Verín e representante de Cáritas no acto, e José Manuel Salgado, director do Conservatorio Elemental de Música de Verín. |
Ler máis...
|
Requirimentos de emenda das axudas para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos |
|
|
|
Xoves, 08 Maio 2014 08:42 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 2 de maio de 2014, do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 € e 200.000 €, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 621 622 623 624 625 626 627 628 629 630 Seguinte > Final >>
|
Páxina 622 de 998 |