A Eurocidade Chaves Verín convértese en Agrupación Europea de Cooperación Territorial |
|
|
|
Luns, 14 Abril 2014 17:54 |
O titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidiu esta mañá a presentación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (ECV-AECT), a segunda da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que contou tamén coa presencia do vicepresidente da Xunta e presidente do Grupo de Traballo da Eurocidade, Alfonso Rueda Valenzuela, o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal (CCDR-N), Prof. Dr. Emidio Gomes,o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, o presidente da Câmara Municipal de Chaves e presidente da ECV-AECT, António Cabeleira, o alcalde de Verín e director da ECV-AECT, Juan Manuel Jiménez, e altos cargos das administracións dos dous países así como tamén da universidade e da empresa de Galicia e o Norte de Portugal.
|
Ler máis...
|
Presentación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
Venres, 11 Abril 2014 10:00 |
O vindeiro luns 14 de abril, a sede da Eurocidade (edificio da antiga aduana española de Feces de Abaixo) acollerá a presentación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (ECV-AECT), converténdose deste modo na segunda da Eurorrexión despois da de Galicia -Norte de Portugal AECT, e destinada a xestionar conxuntamente instalacións, servizos e competencias dos dous municipios como turismo-termalismo, cultura, deporte e desenvolvemento sostible.
|
Ler máis...
|
'Concurso de tapas' e 'Pasaporte Gastronómico' no territorio de Puertas de Galicia |
|
|
|
Xoves, 10 Abril 2014 13:00 |
Co obxecto de promocionar o territorio Verín e Conso-Frieiras como unha alternativa de lecer e turismo gastronómico, o Plan de Competitividade Puertas de Galicia promove dous eventos gastronómicos que terán lugar entre o 11 de abril e o 04 de maio: 'Concurso de tapas' e 'Pasaporte gastronómico'. Todo co fin de gozar das comarcas de Verín e Conso-Frieiras e coñecer de cerca a oferta gastronómica en 42 restaurantes, adegas e comercios que elaboran produtos da terra.
|
Ler máis...
|
Programa de axudas para a particiapción no programa Conecta con Galicia |
|
|
|
Xoves, 10 Abril 2014 09:17 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 3 de abril de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e convoca para o ano 2014 o programa de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as e que residan no exterior.
|
Ler máis...
|
Axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viña en Galicia |
|
|
|
Xoves, 10 Abril 2014 09:02 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 31 de marzo de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viña en Galicia e se convocan para o ano 2014. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 621 622 623 624 625 626 627 628 629 630 Seguinte > Final >>
|
Páxina 629 de 998 |