A Eurocidade Chaves-Verín avanza a súa estratexia de investimentos conxuntos para o 2014-2020 |
|
|
|
Venres, 21 Febreiro 2014 16:34 |
A sede da Eurocidade Chaves-Verín acolleu esta mañá unha reunión de traballo presidida por Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente do grupo de traballo da Eurocidade Chaves-Verín, José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa EU, Joâo Batista, secretario executivo da Comunidade Intermunicipal del Alto Tâmega, Juan Manuel Jiménez e António Cabeleira, alcaldes de Verín e Chaves, e o secretariado técnico conxunto.
|
Ler máis...
|
'Baile de Máscaras' na Residencia de Anciáns de Verín |
|
|
|
Xoves, 20 Febreiro 2014 14:06 |
O Entroido para os máis novos comezou en Verín o 17 de xaneiro, o das persoas de máis idade farao o sábado día 22. A Residencia de Anciáns Santa María, coa colaboración do Conservatorio de Verín, da Comisión do Entroido e do Concello de Verín, acollerá a partir das 16 horas un baile de máscaras o Sábado de Corredoiro.
|
Ler máis...
|
Axudas extraordinarias a emigrantes retornados |
|
|
|
Xoves, 20 Febreiro 2014 13:44 |
Desde o Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 12 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
|
Ler máis...
|
Axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza |
|
|
|
Xoves, 20 Febreiro 2014 13:37 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 11 de febreiro de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2013/2014.
|
Ler máis...
|
Desenvolvemento de proxectos turísticos na Eurocidade Chaves-Verín Formación en Innovación turística (Innovatur) |
|
|
|
Mércores, 19 Febreiro 2014 13:39 |
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia organiza dentro do marco da Eurocidade Chaves-Verín unhas xornadas de innovación turística e uns obradoiros interactivo-turísticos, financiados polo proxecto EUROCIDADE II aprobado ao abeiro do Programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), na que son socios a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 641 642 643 644 645 646 647 648 649 650 Seguinte > Final >>
|
Páxina 645 de 998 |