As VIII Xornadas do Fondo Galego abordarán na Coruña a relación entre cooperación e comunicación |
|
|
|
Mércores, 04 Decembro 2013 10:21 |
Co título ‘Comunicación e cooperación internacional’ desenvolveranse na Deputación da Coruña as VIII Xornadas do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o vindeiro 10 de decembro, coincidindo co Día Internacional dos Dereitos Humanos. A asociación municipalista vén organizando este tipo de encontros desde hai case unha década para reflexionar sobre as distintas problemáticas que afectan ao sector. Desta volta, os debates centraranse na relevancia da comunicación para construír un mundo máis xusto. Profesionais de diversos medios, como Periodismo Humano ou Praza Pública, pero tamén ONGD, académicos, políticas, fotógrafos como Gabriel Tizón ou Rober Amado e mesmo un xornalista caboverdiano participarán nas mesas.
|
Ler máis...
|
Open Xadrez 'Nadal de Verín' |
|
|
|
Martes, 03 Decembro 2013 10:36 |
O Concello de Verín e o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas promoven a organización do Open Xadrez 'Nadal de Verín' para o vindeiro 21 de decembro.
|
Ler máis...
|
Contos dende o frío’ na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Luns, 02 Decembro 2013 14:00 |
O vindeiro xoves 05 de decembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos dende o frío' no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
Ler máis...
|
Programación Nadal 2013 – Reis 2014 |
|
|
|
Venres, 29 Novembro 2013 13:39 |
O Concello de Verín, coa colaboración da Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín (AEVER-CCU Verín), organizan a seguinte programación cultural e festiva no municipio para as festas de Nadal:
|
Ler máis...
|
A obra 'Maribel y la extraña familia' clausura o 'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade' |
|
|
|
Venres, 29 Novembro 2013 13:36 |
Na xornada de mañá terá lugar a última representación teatral do 'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade', promovido pola Eurocidade Chaves-Verín dentro do seu programa de actividades de fomento da cultura transfronteiriza e organizado pola Asociación para la Cultura y el Ocio La Caja de Pandora de Verín. |
Ler máis...
|