Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A aula CeMIT de Verín clausura o ano cun total de 88 cursos formativos impartidos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Novembro 2013 13:07

Durante o mes de decembro, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará cinco novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Ler máis...
 
A Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago promocionase na estación de Atocha en Madrid PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Novembro 2013 18:50

Mañá venres 29 de novembro, promocionarase na Estación de Atocha de Madrid a Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago, co obxectivo de dar a coñecer este produto turístico que comunica os tres polos da Eurocidade da Auga, territorio europeo que conta coa maior concentración de augas mineromedicinais e termais.

Ler máis...
 
Profesionais do termalismo e hostalería analizan o futuro termal no Workshop 'Eurorrexión Termal e da Auga' da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Novembro 2013 18:53

O director de competitividade da ATG, José Luis Maestro, o alcalde de Verín,  Juan Manuel Jimenez, e o vereador de termalismo de Chaves, Paulo Alves, presidiron o Workshop 'Eurorrexión Termal e da Auga', realizado durante toda esta xornada na sede da Eurocidade Chaves-Verín.


Durante o mesmo, adicado ao análise de cuestións relacionadas co desenvolvemento do termalismo como industria, actividade turística e actividade sanitaria. “O principal obxectivo é planificar, poñer en práctica e consolidar unha estratexia transfronteiriza común, que favoreza o desenvolvemento coordinado e competitivo do sector termal e da auga, na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en xeral e na Eurocidade Chaves-Verín en particular”, segundo subliñou o alcalde de Verín. Tamén anunciou que o Workshop 'Eurorrexión Termal e da Auga' completarase cun intercambio de profesionais, que directa ou indirectamente pertenzan ao sector da saúde e do benestar en Chaves e Verín, e que terá lugar o vindeiro 09 de decembro no Balneario de Lugo. “ Este intercambio contribuirá a que, por un lado, sexan prescriptores de opinión de posibles investidores en Verín e en Chaves e, por outro, melloren as súas competencias de atención ao turista termal grazas a un mellor coñecemento do seu perfil, necesidades e expectativas”, indicou o rexedor verinense. A eleción do establecemento lucense permitirá que a súa experiencia sexa extrapolable á realidade da Eurocidade Chaves-Verín por varios motivos, “tratase dun hotel-balneario de interior, que está localizado nunha área urbana dunha densidade poboacional (90 mil habitantes, aproximadamente) similar á área de influencia da Eurocidade Chaves-Verín, é un establecemento que aproveita o patrimonio e radica nun ámbito ligado tamén á auga”, recordou o alcalde.  Por outra banda, tamén indicou que desde a Eurocidade Chaves-Verín está a impulsarse un manual xurídico de termalismo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que recollerá baixo un mesmo compendio a lexislación termal de Portugal e España, concretando as diferentes lexislación autonómicas e facendo un estudo comparado con outras lexislacións europeas de países con unha larga tradición termal como Alemania, Francia ou Hungría. “A finalidade é dotar ao sector dunha ferramenta de consulta de referencia e concretizar unha proposta de modificación da lexislación que trate de conciliar as esixencias e requisitos legais relativos á actividade termal na Eurorrexión”, subliñou. Todas estas actuacións súmanse “as previstas cos nosos socios no proxecto, entre as que podemos destacar, a creación do Centro de formación turístico termal y de investigación de agua, senda termal e da auga que conectará o patrimonio de Verín con Chaves e Vidago, elaboración e publicación da Guía da Ruta e as súas aplicacións móbiles, e actuacións de promoción que comezaron en INTUR – Feira Internacional de Turismo de Interior, en Valladolid, e que continuarán nas estacións de tren de Madrid, Porto e Lisboa os vindeiros tres fins de semana”.


Por outra banda, Paulo Alves, vereador da Câmara Municipal de Chaves, referiuse á forte inversión na recalificación das estruturas termais da Eurocidade, tamén en Chaves, inversión que rondará os 3.500.000 euros. Ademais indicou que esta inversión converterá en máis atractivas as instalacións, a través non só da dispoñibilidade de novos valores, senón tamén coa creación de mellores condicións de tratamento, utilización e atención ao usuario; e espera así que esta aposta contribúa a potenciar a capacidade atractiva dos novos usuarios.

O Workshop 'Eurorrexión Termal e da Auga' contou coa participación tanto de representantes de institucións rexionais e nacionais, como de explertos no sector do termalismo ou hostelería. Entre eles atopábanse Mª Carmen Pardo, deputada pola comarca no Parlamento de Galicia, Pedro Membiela, comisario do Campus da Agua (Ourense), Teresa Vieira, presidenta da Associação das Termas de Portugal e Directora de Termas de S. Jorge, Lourdes Mourelle, presidenta da Sociedade Galega de Talasoterapia, Tomas Ares, director xeral do grupo TESAL, María José David, directora Termas de Pedras Salgadas, ou Jesus Perez Gil, director de Talaso Atlántico, Carla Moreira, directora da Escola de Hidroterapia de Porto, ou Patricia Cuevas, directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, entre outros. No mesmo se abordaron cuestións referentes ao diagnóstico e punto de situación do termalismo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (estratexia actual e accións desenvolvidas ata o momento, perspectivas e actuacións futuras, importancia e restricións orixinadas pola normativa termal), formación en termalismo na Eurorrexión (oferta formativa, estadísticas de colocación no mercado laboral, relación da institución académica co tecido empresarial, papel realizado pola administración) e perspectiva empresarial no termalismo (perfil do cliente e produtos estrela, necesidades de formación e validez da oferta formativa actual).

A realización deste Workshop está enmarcado dentro do proxecto Eurorrexión Termal e da Auga, que ten como obxectivo principal planificar, elaborar e consolidar unha estratexia transfronteiriza común que favoreza o desenvolvemento coordinado e competitivo do sector termal e da auga na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Para iso é fundamental a colaboración entre as administracións públicas, asociacións, empresas, técnicos e diferentes niveis académicos que imparten formación neste sector; xa que a posta en valor das experiencias e boas prácticas, estratexias e liñas de actuación é fundamental para a creación e desenvolvemento do networking indispensable para a transformación da Eurorrexión nun referente europeo para a industria do termalismo e cooperación transfronteiriza.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).



 
O director xeral de Enerxía e Minas visita as obras de ampliación do viario que une a N-525 e o polígono de Pazos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Novembro 2013 19:28

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acompañado do rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménz, e o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, visitou esta mañá o polígono industrial de Pazos para coñecer in situ as obras de ampliación que se están a realizar no mesmo, así como a ampliación do viario de acceso a devandito parque empresarial.

Ler máis...
 
Ampliación do prazo de presentación da documentación xustificativa para as axudas do programa Emega PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Novembro 2013 09:39

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 26 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Resolución do 10 de xuño de 2013 pola que se convocan para o ano 2013 as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 661 662 663 664 665 666 667 668 669 670 Seguinte > Final >>

Páxina 668 de 998
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>