Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Concerto de Música Solidaria en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Maio 2013 13:42

A casa consistorial de Verín acolleu esta mañá a presentación do Concerto de Música Solidaria, a cargo do rexedor Juan Manuel Jiménez Morán, D. Jorge Estévez, párroco de Verín e representante de Cáritas no acto, e José Manuel Salgado, director do Conservatorio Elemental de Música de Verín.

Ler máis...
 
Foros 'Lidera a túa idea' asesorarán a mozos da Eurocidade para participar no programa Iniciativa Xove PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Abril 2013 10:52

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, vai desenvolver en diferentes lugares da nosa xeografía os foros " Lidera a túa idea", concibidos co propósito de ofrecer apoio e asesoramento a todas aquelas persoas mozas que queiran levar a cabo as súas iniciativas e proxectos xuvenís no marco do programa “Iniciativa Xove”. Neste programa todas as iniciativas de interese para a mocidade teñen cabida: proxectos relacionados co emprendemento e a empregabilidade, novas tecnoloxías, comunicación, lecer ou educación non forma, entre outros.

Ler máis...
 
Relatorio 'Demencia e Alzheimer' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Abril 2013 10:49

O vindeiro vernres 3 de maio, a partir das 17.30 horas, a Casa da Cultura de Verín acollerá o relatorio 'Demencia e Alzheimer', impartido por Sira Gago Pérez, da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR), e enmarcado dentro programa 'Estamos a Tempo', que desenvolve o departamento de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín.

Ler máis...
 
GALEUROPA: proxecto de mobilidade galega PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Abril 2013 10:13

Desde Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade infórmase da publicación da orde pola que se establecen as bases que rexen as axudas a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos estados membros da Unión Europea, agás España, e se procede a súa convocatoria. A orde está dotada cun orzamento de 600.000 euros.

Ler máis...
 
Axudas para a creación a mellora de microempresas de aproveitamentos forestais PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Abril 2013 08:59

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 23 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2013.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 731 732 733 734 735 736 737 738 739 740 Seguinte > Final >>

Páxina 733 de 998
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>