|
4ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín 'Ruta do Contrabando da Cidadella' |
|
|
|
|
Xoves, 10 Maio 2012 12:09 |
|
O vindeiro domingo 27 de maio, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a cuarta edición da súa andaina popular. Se nas últimas ocasións realizáronse a 'Ruta da Fronteira' -zona fronteiriza de Chaves e Verín-, ou 'Ruta dos Ríos' -entre Vilarello da Raia (Chaves) e Feces de Abaixo (Verín)-, nesta terá lugar a 'Ruta do Contrabando da Cidadella', destinada a incentivar a importancia histórica, turística e ambiental desta zona de ambos municipios e estreitar lazos de unión entre españois e portugueses. |
|
Ler máis...
|
|
Seminarios “Motivación Emprendedora” e “Avaliación de Ideas Empresariais” en Verín |
|
|
|
|
Mércores, 09 Maio 2012 13:47 |
|
Durante os meses de maio e xuño, terá lugar a realización dos seminarios gratuítos “Motivación Emprendedora” e “Avaliación de Ideas Empresariais”, organizados por BIC Galicia e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, e cofinanciados polo Fondo Social Europeo. |
|
Ler máis...
|
|
A Eurocidade acolle o programa 'Encontros de Teatro' |
|
|
|
|
Mércores, 09 Maio 2012 11:58 |
|
A Eurocidade Chaves-Verín, no ámbito da súa programación cultural anual e co obxecto de impulsar o intercambio de actividades entre os dous municipios, colabora na organización do programa 'Encontros de Teatro na Eurocidade', que terán lugar durante a vindeira semana en Chaves.
|
|
Ler máis...
|
|
Axudas á reorientación e competitividade das PEMES galegas |
|
|
|
|
Mércores, 09 Maio 2012 11:53 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas, en parte cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, conforme as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG núm. 80, do 29 de abril) e modificadas mediante Resolución do 13 de febreiro de 2012 (DOG núm. 39, do 24 de febreiro). |
|
Ler máis...
|
|
A Ruta do Viño Monterrei celebra unha Xornada de Portas Abertas |
|
|
|
|
Martes, 08 Maio 2012 13:50 |
|
O sábado día 26 a Ruta do Viño Monterrei, en colaboración con Turgalicia e a Oficina de información turística do Concello de Verín, organizará unha Xornada de Portas Abertas na que participasen 11 adegas, que ofrecerán unha visita guiada acompañada dunha degustación de viño de Monterrei totalmente gratuíta. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 801 802 803 804 805 806 807 808 809 810 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 810 de 1006 |