O 93 por cento dos expositores volverían a participar na Feira do Lázaro |
|
|
|
Martes, 05 Abril 2022 13:40 |
Esta mañá, o concelleiro da área de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, e a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, realizaron un balance «moi positivo» dos resultados da Feira do Lázaro de Verín celebrada entre os días 1 e 3 de abril no Pavillón Municipal de Deportes. Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que os stands enquisados dan un notable de media ás vendas e o 93% por cento dos mesmos volverían a participar no evento. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os Maios 2022 |
|
|
|
Martes, 05 Abril 2022 11:39 |
Na década dos cincuenta, Enrique Gómez Pato comezou a percorrer as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. Ao carón ou agochado no interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza unha concentración de maios tradicionais, artísticos ou -só para o alumnado de Infantil- feitos con refugallos, que se rexerá polas seguintes BASES: |
Ler máis...
|
“Malencolía” e “Ainbo, la guerrera del Amazonas” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Xoves, 31 Marzo 2022 09:50 |
Durante os días 1, 2 e 3 de abril o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “Melancolía” e “Ainbo, la guerrera del Amazonas” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura Llegan a Verín cos despregamentos 4G e 5G |
|
|
|
Mércores, 30 Marzo 2022 10:29 |
As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as próximas semanas realizarán en Verín o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá aos verineses e verinesas gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín presenta o programa oficial do Lázaro 2022 |
|
|
|
Luns, 28 Marzo 2022 12:13 |
O Concello de Verín presentou esta mañá o PROGRAMA OFICIAL DE ACTIVIDADES PARA O LAZARO 2022, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de abril. Este ano, o ente municipal retoma a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Final >>
|
Páxina 100 de 997 |