Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

ACTUALIZACIÓN DE CASOS ACTIVOS DE COVID19 EN VERÍN PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 05 Xuño 2021 09:57

 A día de hoxe, sábado 5 de xuño, a cifra de casos activos por COVID-19 no Concello de Verín é de 5 persoas.

Ler máis...
 
O Concello de Verín decreta tres días de loito oficial polo finamento do exalcalde Santiago Cid Harguindey PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 05 Xuño 2021 11:35

 O Concello de Verín, a través dun decreto de Alcaldía, declarará o loito oficial no municipio de Verín polo finamento de D. Santiago Cid Harguindey, alcalde da localidade entre os anos 1983 e 1991.

Ler máis...
 
O Concello de Verín substituíu 2.154 luminarias na primeira fase do seu plan de renovación e mellora da iluminación pública PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 Xuño 2021 10:29

 O Concello de Verín  vén de rematar a primeira fase de renovación da iluminación pública por luces LED co consecuente aforro e eficiencia enerxética, así como a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro. En total substituíronse 2154 luminarias de iluminación pública correspondentes ao centro urbano de Verín e aos  núcleos rurais de  Tintores e Vilela. Esta actuación, que supuxo unha investimento total de 974.728,80 euros,  foi cofinanciada nun 80 por cento (779.783,10 euros) polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa para a Renovación da Iluminación Público Municipal do  IDAE, e no restante 20 por cento (194.945,7 euros) por fondos municipais.

Ler máis...
 
O Concello de Verín únese ao “apagón” para concienciar sobre o cambio climático PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Xuño 2021 18:56

 Un total de 23 concellos socios Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre o que se encontra o Concello de Verín, uniranse este sábado, 5 de xuño, ao “apagón” convocado pola entidade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. A partir das 23 horas, suspenderase a iluminación pública de consistorios, prazas, igrexas, torres e outros monumentos co fin de concienciar sobre o consumo enerxético. A acción encádrase no proxecto europeo ‘People and Planet’, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático.

Ler máis...
 
A Biblioteca pecha o seu ciclo de videoconferencias temáticas con máis de 1.000 visualizacións na súa canle de Youtube PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Xuño 2021 13:46

 Esta mañá, a Biblioteca de Verín clausuraba o seu ciclo de videoconferencias temáticas con presentación do libro “Memorias non silencio” de Eva Mejuto, na que participaron 80 menores do IES Castro  Baronceli e do Colexio Amor de Deus María Inmaculada.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Final >>

Páxina 131 de 997
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>