BANDO | Limpeza obrigatoria de biomasa nos núcleos rurais |
|
|
|
Venres, 21 Maio 2021 10:15 |
De acordo co disposto no artigo 22 da Lei 3/2007 de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia o CONCELLO DE VERÍN lembra ás e ós titulares das parcelas situadas a menos de 50 METROS dos lindes dos núcleos rurais e/ou vivendas illadas, deste municipio, que deben MANTELAS LIMPAS DE BIOMASA, para contribuír a unha adecuada protección contra o lume forestal. |
Ler máis...
|
O FIC Vía XIV de Verín acollerá na súa sesión inaugural a preestrea en Galicia do documental Tierra de Leche y Miel |
|
|
|
Xoves, 20 Maio 2021 12:28 |
O FIC Vía XIV de Verín acollerá, no marco da súa sexta edición que se celebrará a comezos de setembro, a preestrea en Galicia do documental Tierra de leche y miel, dirixido polo verinés Héctor Domínguez-Viguera xunto a Gonzalo Recio e Carlos Mora. Un traballo que gañou a sección DOC na 65 edición do festival Seminci de Valladolid e cuxo equipo directivo está moi ligado ao Festival Internacional de Curtas de Verín, que co seu patrocinio contribuiu a facer posible este documental. |
Ler máis...
|
48 finalistas nos certames literarios do Día das Letras Galegas de Verín |
|
|
|
Mércores, 19 Maio 2021 14:14 |
En total, corenta e oito alumnos e alumnas de cinco centros educativos da comarca de Verín foron os finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, iniciativas que promove o Concello de Verín con motivo do Día das Letras Galegas. Os certames contaron, un ano máis, coa colaboración de Gadis. |
Ler máis...
|
O Museo de Verín homenaxea á súa peza máis fotografada, a prensa de trabe |
|
|
|
Martes, 18 Maio 2021 12:30 |
O Museo de Verín edita unha nova peza do mes para homenaxear a que é a peza máis fotografada da exposición sobre os 2000 anos de historia do viño en Monterrei, a prensa de trabe. Con esta actividade, o Museo de Verín súmase á celebración do Día Mundial dos Museos avogando por seguir divulgando a identidade comarcal de Monterrei. |
Ler máis...
|
LECTURA NAS REDES | LETRAS GALEGAS 2021 |
|
|
|
Luns, 17 Maio 2021 08:19 |
Un ano máis, o Concello de Verín, coa colaboración de GADIS, organizou os xa tradicionais Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. Actividades que procuran enriquecer a celebración do Día das Letras Galegas na vila e que este ano contou cunha “Lectura nas redes” dos relatos gañadores como sustitución á habitual Gala de entrega de premios. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Final >>
|
Páxina 135 de 997 |