Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Verín homenaxea a Eloy Luis André cun ciclo de conferencias e exposición PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Outubro 2024 11:38

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín, organizan un ciclo de actividades dedicadas á figura de D. Eloy Luis André, un dos máis relevantes intelectuais galegos, escritor, pensador e introdutor da psicoloxía moderna en España. Nado en Mourazos en 1876 e falecido en Madrid en 1935, a súa traxectoria será revisada dende múltiples enfoques ao longo do mes de outubro.

Ler máis...
 
Unha trintena de maiores de Verín participan nun curso sobre Internet e telefonía móvil impartido polo Concello PDF Imprimir Correo-e
Martes, 01 Outubro 2024 08:42

Esta mañá deu comezo en Verín a segunda edición do curso de formación en Internet e telefonía móbil dirixido ás persoas maiores da localidade, organizado polo Concello de Verín a través do proxecto "Cara a Conquista do Benestar" e enmarcado no programa Voluntariado Sénior da área de Benestar Social. Unha trintena de maiores participarán nesta iniciativa, que busca seguir reducindo a brecha dixital xeracional e mellorar a calidade de vida deste colectivo.

Ler máis...
 
CM de Aceites de oliva e viños no García Barbón PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Setembro 2024 07:52

Hoxe día 24 de setembro remata o prazo para matricularse no CM de Aceites de oliva e viños en modalidade dual, esta formación da a posibilidade de formarse e facer prácticas remuneradas nun sector en expansión en colaboración coas adegas da D.O. Monterrei.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/aulavirtual/course/index.php?categoryid=142


 
Aberto o prazo de inscrición para os stands da IV Festa da Cervexa PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 21 Setembro 2024 15:06

Cartel Cervexa 2024

A IV Festa da Cervexa de Verín terá lugar os días 11 e 12 de Outubro de 2024 no Parque da Preguiza. Desde a área de Feiras de Concello de Verín vén de facer públicas as bases de participación para todas aqueles cervexeiras e postos de alimentación interesadas poidan formalizar a súa inscrición.

A base de participación e a follas de inscrición se encontrarán na SEDE ELECTRONICA do Concello.

 
O FIC Vía XIV pecha a súa novena edición coas cifras de asistencia máis altas dos últimos anos PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Setembro 2024 22:35

Ao redor de 3.000 persoas acudiron ás actividades que se realizaron no marco do festival

O FIC Vía XIV bota o peche a unha das edicións con maior fluxo de público da súa historia. Ao redor de 3.000
persoas asistiron ás actividades que se realizaron durante os dez días de duración do evento. Ademais, tamén foi
unha das edicións que recibiu un maior número de curtas a concurso: máis de 700 filmes de decenas de países,
dos cales 25 se proxectaron nas seccións oficiais deste 2024.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 15 de 996
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>