Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Verín acolle a terceira edición da Festa da Cervexa PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Outubro 2023 12:56

Os vindeiros días 13 e 14 de outubro, o Concello celebrará a terceira edición da Festa da Cervexa de Verín. Será un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis de 20 variedades de cervexas nacionais e de importación, e que se complementará con varios stands que mesturarán gastronomía galega e alemá, actuacións musicais de primeiro nivel e animación infantil. Así o confirmaron esta mañá Manuel Lorenzo Feijoó, concelleiro de Feiras e Samanta Barreira Vivián, concelleira de Festexos.

Ler máis...
 
Pleno Extraordinario Urxente | 10 de outubro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Outubro 2023 11:35

Tras aprobar con 12 votos a  favor  (7 PSdeG-PSOE e  5 BNG) e  4 votos en contra do Partido Popular a ratificación da urxencia da convocatoria, o presidente do pleno, Gerardo Seoane, someteu a votación a aprobación da acta da anterior sesión ordinaria, quedando ratificada por unanimidade.

Ler máis...
 
Cheo absoluto na primeira proxección infantil do Ciclo Mestre Mateo en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 09 Outubro 2023 12:12

Hoxe, no Auditorio Municipal de Verín, deu comezo o Ciclo Mestre Mateo coa primeira das proxeccións destinadas ao público infantil. Nesta primeira sesión, un total de 351 nenos e nenas procedentes dos centros educativos da comarca tiveron a oportunidade de desfrutar da película "Valentina", dirixida por Chelo Loureiro. A concelleira de Cultura, Samanta Barreira, foi a encargada de dar a benvida a cativada.

Ler máis...
 
Teatro Rural pola Corresponsabilidade leva "A Misión Secreta de Gala" a Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Setembro 2023 12:44

O Centro de Información á Muller, en colaboración cos 7 concellos da Mancomunidade de Verín, presenta unha nova actividade enmarcada no proxecto "Teatro rural pola corresponsabilidade". Esta iniciativa ten como obxectivo promover a igualdade e fomentar a participación paterna na educación en valores dos nenos e nenas da rexión a través do teatro. A función de "A Misión Secreta de Gala" , que será de balde, terá lugar o sábado, 7 de outubro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal.

Ler máis...
 
Cambio de dirección de circulación na Rúa Laureano Peláez de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Setembro 2023 13:35

O Concello de Verín informa a todos os veciños e veciñas da localidade sobre un importante cambio de dirección de circulación que entrará en vigor o próximo luns 2 de outubro na Rúa Laureano Peláez.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 16 de 969
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>