ACTUALIZACIÓN COVID-19 | Novas medidas de prevención vixentes en Galicia |
|
|
|
Xoves, 15 Abril 2021 12:24 |
En vista da actual evolución epidemiolóxica e da situación asistencial, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as novas medidas de prevención destinadas a evitar a propagación da COVID-19 en #Galicia. Segundo o decretado, o Concello de Verín mantense no nivel medio-baixo de restricións. |
Ler máis...
|
O Auditorio de Verín acolle a representación da obra “Gigante” da compañía La pequeña Victoria Cen |
|
|
|
Mércores, 14 Abril 2021 12:13 |
O sábado 17 de abril, ás 19:00 horas, a compañía La pequeña victoria Cen, poñerá en escena “Gigante” un espectáculo familiar de circo-teatro feito de sutilezas e momentos sorprendentes inspirado en diferentes textos do poeta leonés Jorge Pascual. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín aborda un ambicioso programa de modernización cun plan de dixitalización e unha oferta de emprego público de 32 prazas |
|
|
|
Luns, 12 Abril 2021 13:56 |
O Concello de Verín rexistrou 27 baixas definitivas ou ceses por xubilación desde o ano 2015, o que provoca que manteña un alarmante déficit de técnicos e traballadores especializados que lle impiden abordar novos proxectos. Actualmente so conta con tres funcionarios de nivel A1, concentrados nas áreas de Urbanismo e Secretaría, e carece, por exemplo, de informático ou especialista en enxeñería para abordar os novos retos da administración local. O consistorio, para reverter esta situación, prepara un plan de dixitalización e una oferta de emprego público de 32 prazas (15 prazas fixas, e 17 temporais.). |
Ler máis...
|
ACTUALIZACIÓN DE CASOS ACTIVOS DE COVID 19 EN VERÍN |
|
|
|
Venres, 09 Abril 2021 14:56 |
A día de hoxe, venres 9 de abril, a cifra de casos activos por COVID-19 no Concello de Verín é de 4 persoas.
|
Ler máis...
|
O cartel ilustrador da VI edición do FIC Vía XIV inspírase na película A rosa púrpura do Cairo de Woody Allen e convida ao espectador a somerxerse no festival |
|
|
|
Venres, 09 Abril 2021 12:46 |
A VI edición do Festival Internacional de Curtas, FIC Vía XIV, de Verín xa conta con cartel ilustrador. Baséase nunha idea de Jorge Godás, director de Creatividade do certame, e foi desenvolvido pola deseñadora Aurora López, natural de Albarellos de Monterrei, que xa asinara o cartel na III edición do certame. Nesta ocasión, a idea gráfica inspírase na famosa película de Woody Allen, A rosa púrpura do Cairo, e convida ao espectador a somerxerse no festival. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 Seguinte > Final >>
|
Páxina 141 de 997 |