Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Remata a construción da nova ponte situada en Queizás PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Marzo 2021 14:40

O Concello de Verín vén de rematar as obras de construción da nova ponte de Queizás. Esta primeira fase executada corresponde á finalización da estrutura completa do viaduto. A segunda fase deste proxecto unirá a ponte co polígono de Pazos, dotando ao mesmo dun novo acceso e conectándoo coa estrada N-532. Así mesmo permitirá desconxestionar o tráfico da estrada N-525 influíndo isto de maneira positiva na circulación do núcleo de Verín e os seus arredores.

Ler máis...
 
O Concello de Verín activa un novo servizo gratuíto de información municipal vía WhatsApp PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Marzo 2021 11:38

 O Concello de Verín pon en marcha un novo servizo gratuíto de información vía WhatsApp no que se ofrece toda a actualidade de servizo público e de interese para a cidadanía.

Ler máis...
 
ACTUALIZACIÓN DE CASOS ACTIVOS DE COVID 19 EN VERÍN PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 13 Marzo 2021 16:52

 A día de hoxe, sábado 13 de marzo, a cifra de casos activos por COVID-19 no Concello de Verín é de 2 persoas.

Ler máis...
 
Verín doara “íntegra” a partida orzamentaria destinada a festividade dos Maios ás persoas máis desfavorecidas da comarca PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Marzo 2021 13:28

 A concellería de  Festexos do Concello de Verín celebrará a festa dos Maios, mantendo a elaboración das tradicionais coplas, adaptadas e optimizadas para a súa lectura e difusión a través de internet e dispositivos móbiles. Ao non ser posible a venda das coplas e a recadación de fondos solidarios para as asociacións participantes, así como a elaboración dos Maios Florais, debido ás restricións derivadas do actual estado de alarma, este ano o ente municipal  doará,  integramente, a  cantidade  orzamentada para devanditos festexos  ao programa de atención ás necesidades básicas de persoas da comarca de Verín do C.D.R. Portas Abertas.

Ler máis...
 
O Auditorio de Verín acolle a representación da obra “El Mentiroso” da compañía MDM PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Marzo 2021 13:24

 O sábado 27 de marzo, ás 19:00 horas, a compañía  MDM, poñerá en escena a obra de Carlo Goldoni “El mentiroso,” unha simpática comedia, para todos os públicos, dividida en tres actos que relata a historia dun mozo que xamais puido dicir a verdade. Bufóns, burgueses e a xente do pobo conviven en “El mentiroso.” Elenco artístico: Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier Calleja.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 Seguinte > Final >>

Páxina 145 de 997
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>