A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da COVID 19. |
|
|
|
Venres, 18 Setembro 2020 19:09 |
Tras a reunión do comité clínico autonómico, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de emitir un comunicado oficial no que se informa sobre a instauración de novas restricións relativas á xestión da crise sanitaria no Concello de Verín. |
Ler máis...
|
Verín celebra o acto/coloquio solidario “Apartados… al lado” do artista Fernando Barreira. |
|
|
|
Venres, 18 Setembro 2020 13:08 |
Este xoves, 17 de setembro, tivo lugar no Auditorio Municipal de Verín o acto/coloquio solidario “Apartados... al lado”, unha gala organizada polo artista verinense Fernando Barreira na que se levou a cabo un coloquio e a entrega de cinco óleos, pintados polo propio Barreira, cuxos beneficios foron doados en favor da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín e da área de Servizos Socias de Verín. |
Ler máis...
|
Literarias: Recital, monólogo, performance, narrativa e teatro |
|
|
|
Xoves, 17 Setembro 2020 13:43 |
Literatura escrita por mulleres galegas dende unha perspectiva de xénero. A Biblioteca do Concello de Verín organiza conxuntamente coa asociación Clásicas y Modernas a actividade Literarias, espectáculo cunha importante carga pedagóxica, xa que presenta as diferentes formas de cada xénero e as súas posibilidades. |
Ler máis...
|
O FIC Vía XIV de Verín atraeu novo público e colgou o cartel de completo en seis sesións diferentes |
|
|
|
Mércores, 16 Setembro 2020 17:55 |
O cambio de datas do Festival Internacional de Curtas de Verín -que adoitaba celebrarse en decembro- foi, segundo o director do certame -Carlos Montero- “moi exitoso e favorable para atraer novo público ás diferentes proxeccións e actividades paralelas propostas, que tiveron un marcado carácter local”. Ata en “seis ocasións durante a semana”, tal e como sinala Montero, “se colgou o cartel de completo”. |
Ler máis...
|
Verín acolle a representación da obra “Bicos con lingua”, unha comedia dirixida por Avelino González |
|
|
|
Mércores, 16 Setembro 2020 11:44 |
O domingo 27 de setembro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación da obra de teatro “Bicos con Lingua”, unha comedia dirixida por Avelino González e interpretada por Artur Trillo e Toño Casais. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 Seguinte > Final >>
|
Páxina 173 de 997 |