Os lazanos apoian masivamente a estrea do documental Entroidar |
|
|
|
Martes, 08 Setembro 2020 10:09 |
Con cheo total de aforo, e moito público procedente de Laza, o Auditorio de Verín acolleu este serán a estrea oficial do documental Entroidar, dirixido polo compostelán Pablo Ces. Un traballo que se centra en divulgar o carácter especial e a singularidade do Entroido lazano, “un lugar no que este se vive case coma unha relixión”, segundo asegura Ces. |
Ler máis...
|
O FIC Vía XIV ofrece unha proposta sonora alternativa á curta O carro e o home |
|
|
|
Luns, 07 Setembro 2020 10:07 |
O FIC Vía XIV explorou un ano máis a relación entre a música e o cinema, un dos eixos recurrentes ao longo dos seus cinco anos de vida. Nesta ocasión, a organización do Festival contou co apoio dun grupo de membros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín, que ofreceu unha proposta musical orixinal, alternativa e propia a unha curta documental. |
Ler máis...
|
A aposta pola seguridade de asistentes, convidados e equipo organizador, premisa básica baixo a que se desenvolve o FIC Vía XIV de Verín 2020, inaugurado hoxe |
|
|
|
Sábado, 05 Setembro 2020 10:01 |
A V edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, inaugurouse este serán no Auditorio da Vila baixo a premisa básica de apostar pola seguridade dos asistentes, dos convidados e do equipo organizador. Para iso, deseñouse un completo protocolo anti-Covid que incluirá, entre outras medidas, desinfección rigorosa do espazo de proxección tras cada sesión ou pase mediante un novidoso sistema nebulizador. |
Ler máis...
|
O FIC Vía XIV de Verín arrinca este sábado súa quinta edición con 39 curtas a concurso |
|
|
|
Xoves, 03 Setembro 2020 15:44 |
A quinta edición do Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín arrinca este sábado e prolongarase ata o vindeiro 13 de setembro. Serán oito días nas que a maxia do cinema e un bo número de actividades paralelas relacionadas directa e indirectamente con este ámbito encherán de cor e vida o Auditorio, espazo central no que se desenvolverá o certame. |
Ler máis...
|
Reapertura da Piscina Climatizada Municipal de Verín |
|
|
|
Mércores, 02 Setembro 2020 20:31 |
A piscina climatizada municipal de Verín abrirá as súas portas con carácter xeral o luns 14 de setembro co seu consecuente protocolo sanitario de protección fronte ao covid-19. Entre as medidas figura a obrigatoriedade de reservar cita previa, preferentemento por teléfono (988 41 41 84), aínda que tamén se pode realizar presencialmente. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 Seguinte > Final >>
|
Páxina 175 de 997 |