Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ‘Comunidad’, seleccionado como anteproxecto do Centro das Artes Municipal de Verín
‘Comunidad’, seleccionado como anteproxecto do Centro das Artes Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Xaneiro 2011 13:59

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, anunciou esta mañá o proxecto seleccionado como anteproxecto do Centro das Artes Municipal de Verín, que recaeu na obra ‘Comunidad’, do estudio madrileño de Sixto Martín Aparicio.



AVANCE

DO

PROXECTO

                            

Este proxecto, no que tamén colaboraron Miguel Crespo Picot e Javier Guzmán de Benito, acadou a máxima puntuación do xurado, un total de 58 puntos -sobre unha puntuación máxima de 80-, que estaba conformado por un presidente (Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín), vocais (Alfredo Díaz Grande -do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia-, Cecilia Rojo Ramírez -da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-, Francisco López Rodríguez  -director xeral de Promoción e Difusión da Cultura-, Isabel Aguirre Urcola -da Consellería de Cultura e Turismo- e Vicente Carlos Martín Polvorinos -arquitecto municipal do Concello de Verín-) e o secretario (Pilar del Carmen Saborido Díaz, secretaria do Concello de Verín)-. Os criterios de valoración aplicados polo mesmo foron: calidade construtiva e arquitectónica da edificación, calidade da implantación da edificación na parcela (a urbanización proposta no entorno do edificio), incorporación de sistemas, materiais e tecnoloxías para o mantemento sostible do edificio, a aplicación de criterios bioclimáticos, de ecosostibilidade e aforro enerxético no desenvolvemento do proxecto e no proceso construtivo, que faciliten tanto a execución do edificio, como o seu mantemento sostible e melloren a súa calidade técnica, así como menor custo de construción ou execución da proposta. “De todos os proxectos presentados, tres non se abriron porque tiñan o nome dos autores no sobre e foron descualificados”, indica o rexedor, “todos posuían un alto nivel, pero no momento que o proxecto que resultou gañador se expuxo, foi apoiado de modo unánime por todos os arquitectos do xurado, e tamén por os restantes grupos políticos da corporación municipal que xa o coñecen”.

O proxecto ‘Comunidad’, vencedor deste concurso de ideas, recibirá un premio de 20.000 euros máis 200.000 € para a redacción do proxecto. Mentres que o segundo clasificado, con 50 puntos, foi ‘La Azada y el Sillar’ de Elena Orte Largo e Guillermo Sevillano Bengoechea, que conseguirá un premio de 7.000 euros; e o terceiro, con 49 puntos, recaeu en ‘KSTL’ de Nikola Carevic, Amado Martín Padilla e José Luis Sanuy Lostes, cun premio de 3.000 €.

O proxecto gañador é un centro de artes “orixinal, moderno, totalmente integrado no contorno urbano onde se sitúa, non é o modelo clásico, senón que está fragmentado volumetricamente por elementos que se unen nas zonas comúns, cunha relación correcta entre os espazos edificados e os libres posibilitando percorridos agradables”, asegura Jiménez Morán. O mesmo salienta o feito de que os seus usos funcionen por separado e todos á vez correctamente formúlase a través dunha ocupación caracterizada por moitas edificacións de pequenos tamaño aliñadas ao bordo da parcela, pegándose á estrada e quedando ao interior os espazos comúns, representando pequenas comunidades-. Por este motivo, desde o concepto inicial compróbase que non se poden obviar as relacións entre os distintos usos, co que respectando o esquema de volumes independentes ao exterior e espazo común e de relación ao interior, os volumes deslízanse creando espazos continuos entre si, que agrupan dúas salas -unha para 700 persoas e outra de 150 espectadores-, espazos para a formación musical e de danza, camerinos, vestíbulo-sala de exposicións, cafetería-restaurante, salas de interpretación e administración. “Cada unidade poderá funcionar autonomamente respecto do exterior o tamén como un conxunto, o que permite que a construción se poda realizar por fases, con unidades que poden funcionar sen ter as outras construídas”, indica o rexedor.

O aspecto xeral, conformado por cubos -volumes de formigón e vidro-, complétase coa denominada quinta fachada do edificio: a cuberta, neste caso formada por cubertas vexetais transitables que funcionan a modo de terrazas, creando un sistema de espazos verdes de esparexementos para os usuarios do centro. Respecto dos accesos, o peón entraría ao edificio por unha gran praza na esquina na que conflúen tres viarios, e tamén se expón un aparcadoiro de dúas plantas, con entrada e saída pola gran praza. Outro dos aspectos principais do edificio é o seu mantemento sostible, tanto polos materiais na súa urbanización, xa que só se proxectarán espazos verdes e pavimentos de materiais reciclaxes, como polas súas instalacións permitindo un aforro enerxético e de auga -a través de instalación de sondas verticais terrestres para aproveitar a enerxía xeotérmica, reciclaxe dos residuos xerados na zona mediante, uso de paneis de enerxía solar fotovoltaica destinados a xerar a enerxía necesaria para o conxunto do centro, reciclaxe de augas pluviais para a rega da vexetación e depósito de auga para incendios, cuberta vexetal para minimizar a cantidade de auga que cae no edificio, diminuír a erosión e manter a temperatura; así como muros de formigón con dobre capa para permitir a ventilación dos mesmos, ou solucións pasivas como un forxado sanitario para evitar humidades e ventilación cruzada, que destinada á climatización natural dos usos do centro.

En próximas datas establecerase unha reunión co arquitecto gañador para que o xurado “efectúe unhas recomendacións e redacción do proxecto de execución nunha data non superior aos cinco o seis meses”, afirma Jiménez Morán. Ademais “debemos anunciar a satisfacción do grupo de goberno e da corporación municipal porque nos orzamentos da Xunta de Galicia, no apartado da Sociedade Pública de Inversións, aparece neste ano unha anualidade de 1,5 millón de euros destinada a este proxecto do Centro das Artes Municipais de Verín”.

Ao concurso de ideas para a selección do anteproxecto de construción do Centro das Artes Municipal de Verín, promovido a través dun convenio asinado coa Consellería de Cultura e Turismo, presentáronse un total de cincuenta e tres procedentes de diferentes cidades do territorio español, como Bilbao, Barcelona, Valencia, Gijón, Oviedo, Valladolid, Segovia, Madrid, A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>