|
Pleno extraordinario – 10 de outubro |
|
|
|
|
Xoves, 10 Outubro 2024 12:51 |
|
Verín, 10 de outubro de 2024. O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:
1. Aprobación da acta da sesión anterior
2. Expediente 3596/2024. Operación de tesorería a curto prazo 1/2024 |
|
Ler máis...
|
|
Axentes da Garda Civil impartirán unha charla para a prevención e mellora da seguridade dirixida ás persoas maiores en Verín |
|
|
|
|
Mércores, 09 Outubro 2024 11:36 |
|
O vindeiro luns, 14 de outubro, ás 10:00 horas, o Salón de Actos do Concello de Verín acollerá unha charla informativa dirixida ás persoas maiores, organizada pola Garda Civil en colaboración co departamento de Benestar Social do Concello de Verín e o programa "Cara a conquista do Benestar" do Voluntariado Sénior. |
|
Ler máis...
|
|
Alerta laranxa en Verín por vento e choiva |
|
|
|
|
Martes, 08 Outubro 2024 17:29 |
|
O Concello de Verín informa que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, a través do 112 Galicia, decretou unha Alerta Laranxa para toda a comunidade autónoma debido a un fenómeno meteorolóxico adverso, con previsión de fortes choivas e ventos intensos. |
|
Ler máis...
|
|
Verín acolle a IV edición da Festa da Cervexa |
|
|
|
|
Venres, 04 Outubro 2024 12:58 |
|
Os vindeiros días 11 e 12 de outubro, o Concello celebrará a IV edición da Festa da Cervexa de Verín. Será un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis dunha vintena de variedades de cervexas nacionais e de importación, e que se complementará con varios stands que ofertarán una variada selección gastronómica, actuacións musicais de primeiro nivel e animación infantil. Así o confirmaron esta mañá Manuel Lorenzo Feijoó, concelleiro de Feiras, Transporte e Xuventude e Samanta Barreira Vivián, concelleira de Cultura, Festexos, Turismo e Conservatorio. |
|
Ler máis...
|
|
Verín homenaxea a Eloy Luis André cun ciclo de conferencias e exposición |
|
|
|
|
Mércores, 02 Outubro 2024 11:38 |
|
O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín, organizan un ciclo de actividades dedicadas á figura de D. Eloy Luis André, un dos máis relevantes intelectuais galegos, escritor, pensador e introdutor da psicoloxía moderna en España. Nado en Mourazos en 1876 e falecido en Madrid en 1935, a súa traxectoria será revisada dende múltiples enfoques ao longo do mes de outubro. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 24 de 1006 |